Cercedilla
Cercedilla
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, na cabeceira do val do Guadarrama (5.051 h [1996]). A súa economía baséase na produción agrícola de cereais, patacas e froita. Ten grande importancia o turismo pola proximidade da estación invernal da serra de Navacerrada. O termo está atravesado por unha calzada romana que ía en dirección a Astorga e da que se conservan diversos tramos e pontes. A igrexa parroquial é dos ss XVI e XVII.