Cercle et Carré

Cercle et Carré
Nome científico: [Círculo e cadrado]
[ARTE]

Movemento artístico nado en París en 1929 da man do crítico Michel Seuphor e do pintor uruguaio Joaquín Torres García. O seu obxectivo era agrupar o espírito do construtivismo como oposición ás tendencias surrealistas nas que comezaba a estar inmersa a vangarda artística do momento. Seuphor chegou a publicar tres números da revista Cercle et Carré entre 1929 e 1930, e mesmo a organizar unha exposición na que participaron artistas como Kandinsky, Léger, Arp, Le Corbusier, Pevsner, Torres García, K. Schwitters ou Ozenfant. Unha enfermidade de Seuphor no 1931 provocou o desmantelamento do grupo, non obstante os seus membros trataron de continuar coas súas propostas na asociación Abstraction Creation. Torres García creou en Montevideo a Asociación de Arte Construtivo e chegou a editar un xornal chamado Círculo y Cuadrado (1936-1938).

Palabras veciñas

Cercio | Cercio, Santiago de | Cercis | Cercle et Carré | Cercle rouge, Le | cerco | cerco-