Ceres
Ceres
[MIT]
Deusa da agricultura venerada en gran parte da antiga Italia. Asimilada á divindade grega Deméter, o seu culto introduciuse en Roma no 496 a C. Dedicóuselle un templo no Aventino que se converteu nun dos centros políticos e relixiosos dos plebeos. As Cerealia, festas agrarias con xogos, procesións e sacrificios, celebrábanse no seu honor do 12 ao 19 de abril.