Ceres
Ceres
[ASTRON]
Asteroide máis voluminoso do Sistema Solar, que ten un diámetro de 1.003 km, un semieixe maior da órbita de 2,77 UA e un período de revolución de 1.681 días. Piazzi descubriuno en 1801, feito que o converteu no primeiro asteroide coñecido.