Cernade, pazo de

Cernade, pazo de

Construción nobre situada en Santa María Madalena da Graña, de Vilarente (Abadín). Trátase dunha vivenda con planta en forma de U na que destaca a súa fábrica de cachotería e as chemineas de grande altura. O conxunto complétase con construcións auxiliares, como o hórreo, os alpendres, o pombal e unha pequena capela fóra do recinto da casa.