Cernadas
Cernadas
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. Procede do sintagma latino *(terras) cineratas ‘terras queimadas’. Documéntase no s XVIII: “Bernardo Cernadas” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 91).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que tomou o seu nome dun dos moitos topónimos homónimos. As súas armas levan o escudo cortado: primeira partición, en campo de goles, cun brazo armado de prata, movente do franco sinistro, cunha espada denuda na man; segunda partición, en campo de azul, cunha peneira de prata.