cerna
cerna
(< lat circĭnu‘círculo’)
-
s
f
Parte interior máis dura e consistente do tronco das árbores. Na tradición oral recóllense ditos como: “Díxolle a cerna ao cravo: deixarás aquí o rabo”.
Ex: Non era quen de chegar á cerna do castiñeiro.
Sinónimos: durame. Confrontacións: corazón, corazón. -
s
f
Parte fundamental dunha cousa.
Ex: Na conferencia non se chegou á cerna do problema.
Sinónimos: miolo, núcleo. -
s
f
Persoa que goza de boa saúde e de fortaleza.
Ex: É un mozo de boa cerna.
Frases feitas
-
Cerna viva. Momento de máximo apoxeo da xuventude e da forza viril.
-
Ser persoa de cerna/feito da cerna. Ser íntegro e incorruptible.
-
Ser/estar duro como a cerna. Persoa ou cousa forte e resistente. Ex: Ten oitenta anos e está duro coma a cerna.