miolo

miolo

(< lat v *medullu de medulla)

  1. s m
    1. Parte interior e mol de calquera cousa.

      Ex: O sabugueiro ten o miolo brando.

      Sinónimos: miola. Confrontacións: medula, medula.
    2. Parte interior e mol do pan.

      Ex: Cocen o pan con pouco miolo.

      Sinónimos: miga, miola, rafa.
  2. s m

    Parte fundamental de algo.

    Ex: É difícil de entender o miolo das súas teorías filosóficas.

    Sinónimos: miola, núcleo. Confrontacións: busilis, quid.
  3. s m [ANAT]

    medula ósea.

  4. s m [ANAT]

    Masa encefálica contida no cranio. OBS: Úsase sobre todo en plural.

    Sinónimos: miola.
  5. s m

    Facultade mental que permite falar e actuar con bo xuízo. OBS: Úsase sobre todo en plural.

    Ex: Fáltanlle miolos para dar coa solución.

    Sinónimos: intelixencia, miola, siso.

Palabras veciñas

miola | Mioleira | miolema | miolo | mioloxía | miolóxico -ca | mioma