miolo
miolo
(< lat v *medullu de medulla)
- s m
-
s
m
Parte fundamental de algo.
Ex: É difícil de entender o miolo das súas teorías filosóficas.
Sinónimos: miola, núcleo. Confrontacións: busilis, quid. -
s
m
[ANAT]
medula ósea.
-
s
m
[ANAT]
Masa encefálica contida no cranio. OBS: Úsase sobre todo en plural.
Sinónimos: miola. -
s
m
Facultade mental que permite falar e actuar con bo xuízo. OBS: Úsase sobre todo en plural.
Ex: Fáltanlle miolos para dar coa solución.
Sinónimos: intelixencia, miola, siso.