miga
miga
(< lat mica)
-
s
f
Anaco moi pequeno de pan ou de calquera outro alimento feito especialmente con fariña, que se desprende ao partilo.
Ex: Non comas aquí as galletas que deixas o sofá cheo de migas.
Sinónimos: faragulla, frangulla, migalla, migallo, mingalla. -
s
f
Parte interior e branda do pan, rodeada pola codia.
Ex: O que máis me gusta do pan é a miga.
Sinónimos: miolo, rafa. -
s
f
Porción moi pequena dunha cousa, xa sexa concreta ou abstracta.
Ex: Bótame só unha miga, que non teño fame.
Sinónimos: chisca, chisco, migalla, migallo, mingalla. Confrontacións: pinga. -
s
f pl
[ALIM]
Prato preparado con pan picado, preferentemente reseso, fritido en aceite con outros ingredientes, como chourizo, touciño ou ovos.
Frases feitas
-
Esperar/agardar unha miga. Esperar un pouco de tempo.