chisca

chisca
  1. s f

    Espacio breve de tempo.

    Ex: Nunha chisca comezaremos coa conferencia.

    Sinónimos: chisco.
  2. s f

    Porción ou pequena cantidade de algo.

    Ex: Non probei máis que unha chisca de pan. Unha chisca de viño non lle fai mal.

    Sinónimos: chisco.
  3. s f

    Acción de chiscar o ollo.

    Ex: Gracias a unha chisca que me fixo deime conta de todo.

    Sinónimos: chisco.
  4. s f

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘bebida’.

Frases feitas

  • Non saber nin chisca/chisco. Non saber nada.

Palabras veciñas

chirlomirlo | chirouvea | Chirripó Grande | chisca | chiscante | chiscar | chisco