chiscar

chiscar

(< chisca)

  1. v t

    Pechar os ollos momentaneamente para facer un sinal ou por acto reflexo.

    Ex: Chiscoume un ollo para que o seguise. Co sono que tiña non deixaba de chiscar os ollos.

    Sinónimos: choscar, chuscar.
  2. v t

    Tocar unha cousa rozándoa lixeiramente.

    Ex: Case non o chiscou e xa caeu.

    Sinónimos: chincar.
  3. v t

    Facer un ruído unha cousa ao bater con outra. Ex: Chiscaron os vasos durante toda a festa.

    Ex: Chiscaron os vasos durante toda a festa.

  4. v t

    Tomar unha pequena cantidade dunha bebida, especialmente alcohólica. Ex: Só chiscou unha copiña de augardente.

    Ex: Só chiscou unha copiña de augardente.

  5. v t

    Facer lume cun seixo.

    Confrontacións: acender, prender.
  6. v t

    Cuspir entre dentes.

    Ex: Chisca todo o día, é un porco!

  7. v t

    Expulsar vómito pola boca.

    Ex: Chiscou todo o que comera pola mañá.

    Sinónimos: devolver, vomitar.
  8. v t

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘beber’.

Palabras veciñas

Chirripó Grande | chisca | chiscante | chiscar | chisco | Chişinău | chisma
Conxugar
VERBO chiscar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chisco
chiscas
chisca
chiscamos
chiscades
chiscan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscaba
chiscabas
chiscaba
chiscabamos
chiscabades
chiscaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chisquei
chiscaches
chiscou
chiscamos
chiscastes
chiscaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscara
chiscaras
chiscara
chiscaramos
chiscarades
chiscaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscarei
chiscarás
chiscará
chiscaremos
chiscaredes
chiscarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscaría
chiscarías
chiscaría
chiscariamos
chiscariades
chiscarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chisque
chisques
chisque
chisquemos
chisquedes
chisquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscase
chiscases
chiscase
chiscasemos
chiscasedes
chiscasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscar
chiscares
chiscar
chiscarmos
chiscardes
chiscaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chisca
-
-
chiscade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chiscar
chiscares
chiscar
chiscarmos
chiscardes
chiscaren
Xerundio chiscando
Participio chiscado
chiscada
chiscados
chiscadas