Mies van der Rohe, Ludwig

Mies van der Rohe, Ludwig

Arquitecto alemán. Formouse no estudo de Peter Behrens, foi membro do Novembergruppe e do Zehner Ring e un dos fundadores da revista G (Gestaltung, ‘forma’). Tivo tamén contactos con compoñentes do Stijl e con construtivistas rusos, e foi director da Bauhaus (1930-1933). En 1921 realizou os proxectos de rañaceos e en 1922 o palacio de oficinas de formigón, onde subliñou o valor intrínseco da estrutura metálica, a apertura do espazo interior e a súa relación co exterior, aspecto que potenciou na obra que realizou en Europa: a casa de ladrillos (1923), o monumento a Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg (Berlín, 1926), o pavillón alemán da Exposición Internacioanl de Barcelona (1929) ou a casa Tugendhat (Brno, 1930). En 1937 emigrou a EE UU, onde dirixiu o departamento de arquitectura do que sería o Illinois Institute of Technology. En 1944 naturalizouse estadounidense. Nesta etapa deu preferencia aos volumes, aínda que depurou os materiais construtivos. Destacan o campus da University of Chicago (1939-1955) e o Seagram Building (1956-1959). Tamén fixo deseños de mobles como a cadeira Barcelona (1929).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Aquisgrán

  • Deceso

    Lugar : Chicago