miga

miga

(< lat mica)

  1. s f

    Anaco moi pequeno de pan ou de calquera outro alimento feito especialmente con fariña, que se desprende ao partilo.

    Ex: Non comas aquí as galletas que deixas o sofá cheo de migas.

    Sinónimos: faragulla, frangulla, migalla, migallo, mingalla.
  2. s f

    Parte interior e branda do pan, rodeada pola codia.

    Ex: O que máis me gusta do pan é a miga.

    Sinónimos: miolo, rafa.
  3. s f

    Porción moi pequena dunha cousa, xa sexa concreta ou abstracta.

    Ex: Bótame só unha miga, que non teño fame.

    Sinónimos: chisca, chisco, migalla, migallo, mingalla. Confrontacións: pinga.
  4. s f pl [ALIM]

    Prato preparado con pan picado, preferentemente reseso, fritido en aceite con outros ingredientes, como chourizo, touciño ou ovos.

Frases feitas

  • Esperar/agardar unha miga. Esperar un pouco de tempo.