Černomyrdin, Viktor Stepanovič

Černomyrdin, Viktor Stepanovič

Enxeñeiro e político ruso. Logo de afiliarse ao PCUS en 1961, foi administrador industrial da cidade de Orsk (1967-1973) e director da planta de gas natural en Orenburg (1973-1978). En 1978 ingresou na sección de industria pesada do Comité Central do PCUS, e en 1985 foi nomeado ministro da Industria do Gas nun goberno de Gorbačov. En 1989 transformou o ministerio na corporación estatal Gazprom, que dirixiu durante o proceso de disolución da URSS e a creación da Federación Rusa (1991). En xuño de 1992 foi nomeado ministro de Gasóleo e Enerxía nun goberno presidido por Yegor T. Gaidar e, en decembro de 1992, Boris Yeltsin promoveuno a primeiro ministro de Rusia. O seu goberno favoreceu a privatización das empresas estatais da época soviética e aprobou numerosas reformas económicas tendentes a instaurar o libre mercado. Malia a forte oposición que tivo en numerosos sectores da Duma, Boris Yeltsin confirmouno no seu cargo tralas eleccións presidenciais de 1996. Como consecuencia do confito entre as oligarquías rusas, cesárono do seu cargo en marzo de 1998 e foi substituído por Sergej Kirienko. En agosto de 1998 volveu ser presentado perante a Duma para ser elixido primeiro ministro; sen embargo, a Duma deulle a súa confianza a Eugeni Primakov. En 1999 Boris Yeltsin nomeouno representante especial nos Balcáns durante o conflito da guerra de Kosovo, posto dende o que logrou a participación de Rusia na KFOR (Forzas de Pacificación de Kosovo da ONU).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Otrog, Orenburg