Cerquido
Cerquido
Lugar situado no límite entre as parroquias de San Salvador de Budiño (concello do Porriño) e Santo Estevo de Budiño (concello de Salceda de Caselas). A natureza arxilosa do rochedo e a súa topografía practicamente plana provocaron a formación dun complexo hidrolóxico turboso, que forma parte do espazo natural das Ribeiras do Louro. Os depósitos de arxilas e caolín foron obxecto de extraccións que deron lugar a lagoas artificiais.