cerrado -da
(< cerrar)
-
p reg
de cerrar.
-
adx
Que ten os seus elementos moi próximos entre si ou mestos.
Ex: O camiño está tan cerrado que xa non se pasa por el. O meniño naceu coa cabeza cerrada de pelo.
-
adx
Incapaz de aceptar todo o que sexan opinións distintas das propias.
Ex: É unha persoa tan cerrada que non se pode falar con ela.
-
adx
Pouco comunicativo para expresar o que pensa ou dicir o que sente.
Ex: Vivía cun compañeiro cerrado e nunca lle contaba nada.
-
adx
Que ten unhas características locais moi marcadas con respecto á lingua, fala ou acento.
Ex: Fala un galego cerrado.
-
adx
[LING]
Aplícase ao son no que a súa articulación se estreita co paso do aire.
-
adx
[ALIM]
Aplícase aos viños que non revelan o seu carácter, especialmente aos viños finos e novos.
-
s
m
Construción feita con calquera material para delimitar ou pechar un terreo.
Ex: O xabaril non conseguiu pasar o cerrado da leira.
Sinónimos: cerradura, cerramento, cerrume, peche. Confrontacións: muro, sebe, valado, valo. -
s
m
Terreo que está pechado para delimitalo.
Ex: No cerrado sementan os legumes e as hortalizas.
Frases feitas
-
Cerrado cerrada da noite. Período de tempo que vai desde que se pon o sol ata que é noite de todo. SIN: noite cerrada, noitiña, xunta da noite.
-
Andar de loito cerrado. Ir completamente vestido de loito.