cerrado -da

cerrado -da

(< cerrar)

  1. p reg

    de cerrar.

  2. adx

    Que ten os seus elementos moi próximos entre si ou mestos.

    Ex: O camiño está tan cerrado que xa non se pasa por el. O meniño naceu coa cabeza cerrada de pelo.

  3. adx

    Incapaz de aceptar todo o que sexan opinións distintas das propias.

    Ex: É unha persoa tan cerrada que non se pode falar con ela.

  4. adx

    Pouco comunicativo para expresar o que pensa ou dicir o que sente.

    Ex: Vivía cun compañeiro cerrado e nunca lle contaba nada.

  5. adx

    Que ten unhas características locais moi marcadas con respecto á lingua, fala ou acento.

    Ex: Fala un galego cerrado.

  6. adx [LING]

    Aplícase ao son no que a súa articulación se estreita co paso do aire.

  7. adx [ALIM]

    Aplícase aos viños que non revelan o seu carácter, especialmente aos viños finos e novos.

  8. s m

    Construción feita con calquera material para delimitar ou pechar un terreo.

    Ex: O xabaril non conseguiu pasar o cerrado da leira.

    Sinónimos: cerradura, cerramento, cerrume, peche. Confrontacións: muro, sebe, valado, valo.
  9. s m

    Terreo que está pechado para delimitalo.

    Ex: No cerrado sementan os legumes e as hortalizas.

Frases feitas

  • Cerrado cerrada da noite. Período de tempo que vai desde que se pon o sol ata que é noite de todo. SIN: noite cerrada, noitiña, xunta da noite.

  • Andar de loito cerrado. Ir completamente vestido de loito.