cerrar

cerrar

(< lat tadío serāre‘cerrar con fechadura’, do lat sera ‘ferrollo, fechadura’, con influencia desera ‘serra’ e serrāre ‘serrar’)

  1. v t

    Facer encaixar ou encaixar no lugar correspondente algo que se abre sen que chegue a saír do seu marco ou oco.

    Ex: Cerrou a ventá para que non entrase o ruído. O vento cerrou a porta. Cando cerrou o caixón pillou os dedos.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  2. v t

    Xuntar dúas partes do corpo ou dalgunha cousa articulada por un extremo para que desapareza a súa abertura.

    Ex: Cerrou os ollos para non ver. O neno cerrou as pernas para dar un salto. Cerra as tesoiras despois de que as uses.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  3. v t Antónimos: abrir, abrir.
    1. Xuntar ou dobrar algo que estaba estendido ou despregado.

      Ex: Cerrou o libro e foi ver a televisión. Cerrou o paraugas cando parou de chover. O médico mandoulle abrir e cerrar moitas veces a man.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
    2. Asegurar algo que estaba estendido ou despregado por medio dun dispositivo adecuado para impedir que se abra. OBS: Pode levar explícito aquel mecanismo que asegura.

      Ex: Cerrou a axenda cun broche.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  4. v t

    Pegar ou poñer a peza que tapa un obxecto.

    Ex: Cerrou o sobre e meteuno na caixa do correo. Cerra o bote da marmelada ó acabares de comer.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  5. v t

    Asegurar cun mecanismo adecuado algo para impedir que se abra. OBS: Pode levar explícito aquel mecanismo que asegura.

    Ex: Cerrou a porta coa chave e foise.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  6. v t
    1. Delimitar un lugar de tal modo que quede separado do que o rodea.

      Ex: Cerrou a leira onde sementa as cebolas. A cancela cerra a leira.

      Sinónimos: cercar, choer, fechar, pechar, zarrar. Confrontacións: valar.
    2. Estar algo ou alguén incomunicando un recinto, un edificio ou outro lugar co exterior ou impedindo o paso de algo.

      Ex: Un penedo que caera cerraba a entrada da cova. Un garda cerrou a rúa por obras. Cerra a billa da auga cando che mande.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  7. v t

    Interromper definitiva ou temporalmente a actividade de algo. OBS: O complemento tamén pode ser a actividade realizada.

    Ex: Cerrou a tenda e foise da vila. A bolsa cerrou coas maiores perdas do ano. Cerraron as conferencias do curso.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  8. v t

    Dar por rematado e establecido un trato ou un asunto.

    Ex: Cerraron o acordo pola noite.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  9. v t
    1. Dar por concluído un traballo ou realizar a última tarefa del. OBS: Esta última tarefa pode constituírse coa preposición con.

      Ex: Cerrou o acto cunha comida.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
    2. Axustar a última páxina dun periódico antes de imprimilo.

      Ex: A reportaxe da festa xa non entrou porque o periódico xa cerrara.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
    3. Ser o último nun acto ou ir en último lugar nunha serie de persoas ou cousas.

      Ex: Un aplauso cerrou a homenaxe. Cerraba o campionato o equipo italiano. Os abandeirados cerraban a comitiva.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  10. v t

    Impedir que alguén realice algún acto de relevancia.

    Ex: De momento non cerra ningunha porta para o seu futuro.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  11. v i

    Pórse o ceo con nubes ou escurer o día a causa delas.

    Ex: Cerrou o día e non se puido ir ó río.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  12. v i

    Deixar de exercer unha actividade ou un negocio de maneira temporal ou definitiva.

    Ex: As tendas no verán cerran por vacacións.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  13. v i

    Cicatrizar unha ferida.

    Ex: Cerroulle a ferida cos medicamentos que lle receitaron.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  14. v i

    Axustarse ou encaixarse por completo algo no seu marco ou no oco correspondente.

    Ex: A porta no inverno non cerra ou cerra mal. A tapa do bote non cerra ben.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  15. v i Antónimos: abrir, abrir.
    1. Unir as hortalizas as súas follas para formar a cabeza.

      Ex: As leitugas aínda non cerraron.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
    2. Xuntar as flores os seus pétalos.

      Ex: As campaíñas cerran de noite.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  16. v i

    Completar a dentame o gando.

    Ex: A vaca que vendían xa cerrara.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  17. v i

    Xogar unha ficha no dominó de tal maneira que os outros xogadores xa non poidan pór máis e o xogo queda concluído.

    Ex: Cerrou cun cinco dobre e gañou a partida.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  18. v i

    Facer coincidir nunha liña curva o principio co final.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
  19. v pron

    Sufrir unha cousa a acción de cerrar.

    Ex: A ventá cerrouse co aire.

  20. v pron

    Quedar as partes de algo xuntas para que non quede espazo entre elas.

    Ex: Cerráronse as tesoiras ó caeren ó chan.

  21. v pron

    Estar nunha actitude intransixente e non aceptar algo que sexa distinto ás propias propostas.

    Ex: Non te cerres e arregla as cousas por ben.

  22. v t [LING]

    Facer que se aproximen os órganos articulatorios estreitando o paso do aire cando se emite un son.

    Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
  23. [MAR]
    1. v i

      irar ata colocarse na posición exacta para enfilar o rumbo.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
    2. v i

      Reducir as distancias tanto angulares como lineais.

      Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
    3. cerrar o temón

      Meter todo o temón a unha banda. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia, os verbos fechar e pechar teñen un significado máis restrinxido ca o verbo cerrar e non comparten todas as acepcións.

Frases feitas

  • Cerrar a boca. Calar.

  • Cerrar o tempo. Finalizar un prazo.

  • Cerrar a chover. Empezar a chover e non parar.

  • cerrar do día?ó cerrar da noite. Á noitiña.

  • Cerrar o ollo. Morrer.

  • Cerrarse de loito. Vestirse completamente de negro en sinal de dor pola morte de alguén.

  • Ó

Palabras veciñas

cerrallo | cerramento | cerraportelos | cerrar | cerrazón | Cerreda | cerrello
Conxugar
VERBO cerrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerro
cerras
cerra
cerramos
cerrades
cerran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerraba
cerrabas
cerraba
cerrabamos
cerrabades
cerraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrei
cerraches
cerrou
cerramos
cerrastes
cerraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrara
cerraras
cerrara
cerraramos
cerrarades
cerraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrarei
cerrarás
cerrará
cerraremos
cerraredes
cerrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerraría
cerrarías
cerraría
cerrariamos
cerrariades
cerrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerre
cerres
cerre
cerremos
cerredes
cerren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrase
cerrases
cerrase
cerrasemos
cerrasedes
cerrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cerra
-
-
cerrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren
Xerundio cerrando
Participio cerrado
cerrada
cerrados
cerradas