cerrar
(< lat tadío serāre‘cerrar con fechadura’, do lat sera ‘ferrollo, fechadura’, con influencia desera ‘serra’ e serrāre ‘serrar’)
-
v t
Facer encaixar ou encaixar no lugar correspondente algo que se abre sen que chegue a saír do seu marco ou oco.
Ex: Cerrou a ventá para que non entrase o ruído. O vento cerrou a porta. Cando cerrou o caixón pillou os dedos.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v t
Xuntar dúas partes do corpo ou dalgunha cousa articulada por un extremo para que desapareza a súa abertura.
Ex: Cerrou os ollos para non ver. O neno cerrou as pernas para dar un salto. Cerra as tesoiras despois de que as uses.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v t
Antónimos:
abrir,
abrir.
-
Xuntar ou dobrar algo que estaba estendido ou despregado.
Ex: Cerrou o libro e foi ver a televisión. Cerrou o paraugas cando parou de chover. O médico mandoulle abrir e cerrar moitas veces a man.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
Asegurar algo que estaba estendido ou despregado por medio dun dispositivo adecuado para impedir que se abra. OBS: Pode levar explícito aquel mecanismo que asegura.
Ex: Cerrou a axenda cun broche.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir.
-
-
v t
Pegar ou poñer a peza que tapa un obxecto.
Ex: Cerrou o sobre e meteuno na caixa do correo. Cerra o bote da marmelada ó acabares de comer.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v t
Asegurar cun mecanismo adecuado algo para impedir que se abra. OBS: Pode levar explícito aquel mecanismo que asegura.
Ex: Cerrou a porta coa chave e foise.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v t
-
Delimitar un lugar de tal modo que quede separado do que o rodea.
Ex: Cerrou a leira onde sementa as cebolas. A cancela cerra a leira.
Sinónimos: cercar, choer, fechar, pechar, zarrar. Confrontacións: valar. -
Estar algo ou alguén incomunicando un recinto, un edificio ou outro lugar co exterior ou impedindo o paso de algo.
Ex: Un penedo que caera cerraba a entrada da cova. Un garda cerrou a rúa por obras. Cerra a billa da auga cando che mande.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
-
-
v t
Interromper definitiva ou temporalmente a actividade de algo. OBS: O complemento tamén pode ser a actividade realizada.
Ex: Cerrou a tenda e foise da vila. A bolsa cerrou coas maiores perdas do ano. Cerraron as conferencias do curso.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v t
Dar por rematado e establecido un trato ou un asunto.
Ex: Cerraron o acordo pola noite.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v t
-
Dar por concluído un traballo ou realizar a última tarefa del. OBS: Esta última tarefa pode constituírse coa preposición con.
Ex: Cerrou o acto cunha comida.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
Axustar a última páxina dun periódico antes de imprimilo.
Ex: A reportaxe da festa xa non entrou porque o periódico xa cerrara.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
Ser o último nun acto ou ir en último lugar nunha serie de persoas ou cousas.
Ex: Un aplauso cerrou a homenaxe. Cerraba o campionato o equipo italiano. Os abandeirados cerraban a comitiva.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar.
-
-
v t
Impedir que alguén realice algún acto de relevancia.
Ex: De momento non cerra ningunha porta para o seu futuro.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v i
Pórse o ceo con nubes ou escurer o día a causa delas.
Ex: Cerrou o día e non se puido ir ó río.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v i
Deixar de exercer unha actividade ou un negocio de maneira temporal ou definitiva.
Ex: As tendas no verán cerran por vacacións.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v i
Cicatrizar unha ferida.
Ex: Cerroulle a ferida cos medicamentos que lle receitaron.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
v i
Axustarse ou encaixarse por completo algo no seu marco ou no oco correspondente.
Ex: A porta no inverno non cerra ou cerra mal. A tapa do bote non cerra ben.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. - v i Antónimos: abrir, abrir.
-
v i
Completar a dentame o gando.
Ex: A vaca que vendían xa cerrara.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v i
Xogar unha ficha no dominó de tal maneira que os outros xogadores xa non poidan pór máis e o xogo queda concluído.
Ex: Cerrou cun cinco dobre e gañou a partida.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v i
Facer coincidir nunha liña curva o principio co final.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v pron
Sufrir unha cousa a acción de cerrar.
Ex: A ventá cerrouse co aire.
-
v pron
Quedar as partes de algo xuntas para que non quede espazo entre elas.
Ex: Cerráronse as tesoiras ó caeren ó chan.
-
v pron
Estar nunha actitude intransixente e non aceptar algo que sexa distinto ás propias propostas.
Ex: Non te cerres e arregla as cousas por ben.
-
v t
[LING]
Facer que se aproximen os órganos articulatorios estreitando o paso do aire cando se emite un son.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. Antónimos: abrir, abrir. -
[MAR]
-
v i
irar ata colocarse na posición exacta para enfilar o rumbo.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
v i
Reducir as distancias tanto angulares como lineais.
Sinónimos: fechar, pechar, zarrar. -
cerrar o temón
Meter todo o temón a unha banda. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia, os verbos fechar e pechar teñen un significado máis restrinxido ca o verbo cerrar e non comparten todas as acepcións.
-
v i
Frases feitas
-
Cerrar a boca. Calar.
-
Cerrar o tempo. Finalizar un prazo.
-
Cerrar a chover. Empezar a chover e non parar.
-
cerrar do día?ó cerrar da noite. Á noitiña.
-
Cerrar o ollo. Morrer.
-
Cerrarse de loito. Vestirse completamente de negro en sinal de dor pola morte de alguén.
-
Ó
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerro
cerras
cerra
cerramos
cerrades
cerran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerraba
cerrabas
cerraba
cerrabamos
cerrabades
cerraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrei
cerraches
cerrou
cerramos
cerrastes
cerraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrara
cerraras
cerrara
cerraramos
cerrarades
cerraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrarei
cerrarás
cerrará
cerraremos
cerraredes
cerrarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerraría
cerrarías
cerraría
cerrariamos
cerrariades
cerrarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerre
cerres
cerre
cerremos
cerredes
cerren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrase
cerrases
cerrase
cerrasemos
cerrasedes
cerrasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
cerra
-
-
cerrade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles cerrar
cerrares
cerrar
cerrarmos
cerrardes
cerraren
cerrada
cerrados
cerradas