abrir

abrir

(< lat aperire)

  1. abirtar.

  2. v t

    Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha ou tapona (porta, tapa, etc) ou separando dúas partes que están xuntas.

    Ex: Abriron o armario para airealo un pouco.

    Sinónimos: desfechar, despechar. Antónimos: cerrar, fechar, pechar.
  3. v t

    Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.

    Ex: Para a cea do mércores abriremos a mesa do salón para poder caber todos mellor.

    Antónimos: cerrar, pechar. Confrontacións: desdobrar.
  4. v t

    Desembarazar un conduto que está obstruído.

    Ex: Abriu o paso do rego para que a auga chegase ás leiras das patacas.

    Confrontacións: desobstruír.
  5. v t

    Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.

    Ex: En abril abriron catro novas tendas de Adolfo Domínguez.

    Antónimos: cerrar, pechar. Confrontacións: inaugurar.
  6. v t

    Ser o primeiro dunha sucesión.

    Ex: O abandeirado abría o desfile.

    Sinónimos: encabezar. Antónimos: cerrar.
  7. v t

    Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.

    Ex: O neno abriu a man para coller os caramelos.

    Antónimos: cerrar, fechar, pechar.
  8. v t

    Accionar un dispositivo que permita a entrada ou saída dun gas ou líquido.

    Ex: Abriu a chave do gas en canto chegou á casa. 8 v i

    Sinónimos: fender, gretar, regañar. Antónimos: cerrar, fechar, pechar.
  9. v t [MED]

    Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.

    Ex: O ano pasado abríronme o corazón e puxéronme dúas válvulas.

  10. v t [AGR]

    Facer unha incisión no corpo dunha persoa ou animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.

    Ex: Abriron o campo para logo sementar as cebolas.

  11. v i [BOT]

    Traballar a terra removéndoa.

    Ex: Abriron todas as roseiras que tiña na casa.

  12. v t [CONSTR]

    Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.

    Ex: Abriron a nova rúa xusto antes das eleccións.

  13. v t [INFORM] Sinónimos: arrincar.
    1. Poñer en marcha unha aplicación.

      Sinónimos: arrincar.
    2. Acceder a un documento.

    3. Acceder por medio da aplicación ou aparello correspondente, á información contida nun soporte informático como un disquete ou un CD-ROM.

  14. v t [MAR]

    Poñer en marcha unha aplicación.

    Ex: No estaleiro abriron o casco do veleiro para calafatealo.

  15. v i [METEOR]

    Ampliar, o calafate, as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.

    Ex: Se abre o día poderemos saír a pasear.

    Antónimos: cerrar, pechar.
  16. v i e pron [PAT]

    Esvaecer as nubes do ceo despois de estar nubrado.

    Ex: Caín na escaleira e abriuseme o pé.

  17. v pron [MAR]
    1. Perder, dúas embarcacións aliñadas na visual dun observador, a súa aliñación de xeito que parece que se separan unha da outra.

      Ex: Ó chegar á boca da ría os dous veleiros abríronse e non podía saber quén ía en primeiro lugar.

    2. Desagregarse ou romperse as pezas que constitúen o casco dunha embarcación, de xeito que se filtra a auga no seu interior.

      Ex: Abriuse o fondo do barco e foi a pique en poucas horas.

  18. v pron

    Perder, dúas embarcacións aliñadas na visual dun observador, a súa aliñación de xeito que parece que se separan unha da outra.

  19. v pron

    Confesar ou revelar a alguén os sentimentos ou pensamentos máis persoais e íntimos.

    Ex: A fiestra abriuse pola noite por mor do forte vento.

  20. v pron

    Separarse algo deixando o acceso libre.

    Ex: Abríronselle os ollos co susto que levou.

  21. Quedar ao descuberto algo despois de desaparecer o que impedía o seu libre acceso.

Frases feitas

  • Abrir a boca. Bocexar.

  • Abrir a man. Ser xeneroso.

  • Abrir a mesa. Escampar.

  • Abrir a porta e a arca/abrir a porta a manga e a ancha. Recibir cos brazos abertos.

  • Abrir a unha cantidade. Nas poxas, comezar a ofrecer prezos por unha cantidade determinada. No póquer, primeira aposta que abre o xogo.

  • Abrir ben os oídos. Prestar atención.

  • Abrir o tempo. Estiñar.

  • Abrir unha conta. Comezar a facer operacións bancarias e económicas cunha entidade ou intermediario financeiro.

  • Abrir as terras. Labrar.

  • Abrir en canal. Facer unha incisión de arriba a abaixo.

  • Abrir fogo. Comezar a disparar contra o inimigo.

  • Abrir o día. Amañecer. Ex: No verán o día abre máis cedo ca no inverno.

  • Abrirlle os ollos a alguén. Desenganar a alguén advertíndolle sobre algo.

  • Non abrir a boca. Permanecer calado, sen falar.

Palabras veciñas

abrina | abriolar | abriota | abrir | abrir | abritar | abritar
Conxugar
VERBO abrir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abro
abres
abre
abrimos
abrides
abren
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abría
abrías
abría
abriamos
abriades
abrían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrín
abriches
abriu
abrimos
abristes
abriron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrira
abriras
abrira
abriramos
abrirades
abriran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrirei
abrirás
abrirá
abriremos
abriredes
abrirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abriría
abrirías
abriría
abririamos
abririades
abrirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abra
abras
abra
abramos
abrades
abran
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrise
abrises
abrise
abrisemos
abrisedes
abrisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrir
abrires
abrir
abrirmos
abrirdes
abriren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
abre
-
-
abride
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
abrir
abrires
abrir
abrirmos
abrirdes
abriren
Xerundio abrindo
Participio aberto
aberta
abertos
abertas