abrir
(< lat aperire)
-
v t
Facer accesible aquilo que está pechado ou tapado, levantando, movendo ou extraendo aquilo que o pecha ou tapona (porta, tapa, etc) ou separando dúas partes que están xuntas.
Ex: Abriron o armario para airealo un pouco.
Sinónimos: desfechar, despechar. Antónimos: cerrar, fechar, pechar. -
v t
Estender as partes dalgunha cousa de xeito que se incremente o seu tamaño.
Ex: Para a cea do mércores abriremos a mesa do salón para poder caber todos mellor.
Antónimos: cerrar, pechar. Confrontacións: desdobrar. -
v t
Desembarazar un conduto que está obstruído.
Ex: Abriu o paso do rego para que a auga chegase ás leiras das patacas.
Confrontacións: desobstruír. -
v t
Dar comezo unha actividade, poñer en marcha un negocio.
Ex: En abril abriron catro novas tendas de Adolfo Domínguez.
Antónimos: cerrar, pechar. Confrontacións: inaugurar. -
v t
Ser o primeiro dunha sucesión.
Ex: O abandeirado abría o desfile.
Sinónimos: encabezar. Antónimos: cerrar. -
v t
Deixar ao descuberto algo, separando as partes que o pechan ou cobren.
Ex: O neno abriu a man para coller os caramelos.
Antónimos: cerrar, fechar, pechar. -
v t
Accionar un dispositivo que permita a entrada ou saída dun gas ou líquido.
Antónimos: cerrar, fechar. -
v i
Producirse unha fenda ou abertura.
Ex: A rocha abriu pola filtración de auga.
Sinónimos: fender, gretar, regañar. -
v i
Principiar algo as súas tarefas de xeito habitual.
Ex: Os bancos abren ás oito da mañá.
Antónimos: cerrar, pechar. -
v t
[MED]
Facer unha incisión no corpo dunha persoa ou animal no transcurso dunha intervención cirúrxica.
Ex: O ano pasado abríronme o corazón e puxéronme dúas válvulas.
-
v t
[AGR]
Traballar a terra removéndoa.
Ex: Abriron o campo para logo sementar as cebolas.
-
v i
[BOT]
Estenderse os pétalos e sépalos dunha flor que permanecían pechados no abrocho.
Ex: Abriron todas as roseiras que tiña na casa.
-
v t
[CONSTR]
Facer unha obra con solución de continuidade que permita un novo acceso.
Ex: Abriron a nova rúa xusto antes das eleccións.
-
v t
[INFORM]
-
Poñer en marcha unha aplicación.
Sinónimos: arrincar. -
Acceder a un documento.
-
Acceder por medio da aplicación ou aparello correspondente, á información contida nun soporte informático como un disquete ou un CD-ROM.
-
-
v t
[MAR]
Ampliar, o calafate, as gretas que hai entre dúas táboas dunha embarcación de madeira para poder introducir a estopa.
Ex: No estaleiro abriron o casco do veleiro para calafatealo.
-
v i
[METEOR]
Esvaecer as nubes do ceo despois de estar nubrado.
Ex: Se abre o día poderemos saír a pasear.
Antónimos: cerrar, pechar. -
v i e pron
[PAT]
Danarse unha articulación a causa dun golpe.
Ex: Caín na escaleira e abriuseme o pé.
-
v pron
[MAR]
-
Perder, dúas embarcacións aliñadas na visual dun observador, a súa aliñación de xeito que parece que se separan unha da outra.
Ex: Ó chegar á boca da ría os dous veleiros abríronse e non podía saber quén ía en primeiro lugar.
-
Desagregarse ou romperse as pezas que constitúen o casco dunha embarcación, de xeito que se filtra a auga no seu interior.
Ex: Abriuse o fondo do barco e foi a pique en poucas horas.
-
-
v pron
Confesar ou revelar a alguén os sentimentos ou pensamentos máis persoais e íntimos.
Ex: Estaba tan agobiada que se abriu a min.
-
v pron
Separarse algo deixando o acceso libre.
Ex: A fiestra abriuse pola noite por mor do forte vento.
-
v pron
Quedar ao descuberto algo despois de desaparecer o que impedía o seu libre acceso.
Ex: Abríronselle os ollos co susto que levou.
Frases feitas
-
Abrir a boca. Bocexar.
-
Abrir a man. Ser xeneroso.
-
Abrir a mesa. Escampar.
-
Abrir a porta e a arca/abrir a porta a manga e a ancha. Recibir cos brazos abertos.
-
Abrir a unha cantidade. Nas poxas, comezar a ofrecer prezos por unha cantidade determinada. No póquer, primeira aposta que abre o xogo.
-
Abrir ben os oídos. Prestar atención.
-
Abrir o tempo. Estiñar.
-
Abrir unha conta. Comezar a facer operacións bancarias e económicas cunha entidade ou intermediario financeiro.
-
Abrir as terras. Labrar.
-
Abrir en canal. Facer unha incisión de arriba a abaixo.
-
Abrir fogo. Comezar a disparar contra o inimigo.
-
Abrir o día. Amañecer. Ex: No verán o día abre máis cedo ca no inverno.
-
Abrirlle os ollos a alguén. Desenganar a alguén advertíndolle sobre algo.
-
Non abrir a boca. Permanecer calado, sen falar.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abro
abres
abre
abrimos
abrides
abren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abría
abrías
abría
abriamos
abriades
abrían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrín
abriches
abriu
abrimos
abristes
abriron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrira
abriras
abrira
abriramos
abrirades
abriran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrirei
abrirás
abrirá
abriremos
abriredes
abrirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abriría
abrirías
abriría
abririamos
abririades
abrirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abra
abras
abra
abramos
abrades
abran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrise
abrises
abrise
abrisemos
abrisedes
abrisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrir
abrires
abrir
abrirmos
abrirdes
abriren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
abre
-
-
abride
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles abrir
abrires
abrir
abrirmos
abrirdes
abriren
aberta
abertos
abertas