Cervaña, San Salvador de

Cervaña, San Salvador de

Igrexa parroquial situada en Silleda, construída a finais do s XVI sobre un templo anterior do que xa existían referencias documentais do s X. No ano 1594 o patrón de Cervaña, o señor Fernández-Deza, patrocinou a construción do novo templo ao que lle engadiu unha capela de planta cadrada destinada a albergar os panteóns desta liñaxe. Aínda que a igrexa carece de interese artístico, destaca a decoración plateresca da capela-funeraria así como o altar e o retablo que conserva no interior.