Cervelló
Cervelló
Municipio da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Catalunya (7.069 h [1996]). Sitúase na beira esquerda do río Llobregat. A base da súa economía son as actividades industriais, principalmente o sector metalúrxico, téxtil e a elaboración de champaña. Na agricultura destacan os cultivos de viña e árbores froiteiras. Cómpre salientar a igrexa parroquial neogótica de Sant Esteve.