Cervera del Río Alhama

Cervera del Río Alhama

Municipio da Comunidad Autónoma de La Rioja, situado no alto val do río Alhama (3.381 h [1996]). A agricultura (viña, oliveira e árbores froiteiras) e a gandería ovina son as principais actividades económicas. Ten gran tradición a fabricación de alpargatas. Na vila destacan o castelo da época musulmá que contén restos romanos, as igrexas góticas de San Gil e de Santa Ana e as casas de estilo mudéxar dos ss XVI e XVII. Preto da vila consérvanse as ruínas do poboado celtibero de Contrebia Leucade.