Cerviño, Anxo

Cerviño, Anxo

Deseñador gráfico e pintor. Realizou estudios de socioloxía en Madrid e en 1980 regresou a Galicia, onde se dedicou á publicidade e ao deseño gráfico. A súa obra pictórica ten un carácter conceptual e traballa en bloques temáticos. Incorpora novos elementos ás técnicas tradicionais, como botar óxido de ferro directamente sobre a tea. Dende 1986 participou en diversas exposicións individuais e colectivas e en Feiras de arte como Arco (Madrid), Foro Atlántico (Porto) e Expoarte (México). Recibiu o primeiro premio do Salón de Outono (1988) da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lezoce, San Xulián da Veiga, Sarria