Cerviño Cerviño, Xosé

Cerviño Cerviño, Xosé

Bispo de Tui-Vigo. Ordenouse sacerdote en Santiago de Compostela o 6 de abril de 1946. O 4 de xuño de 1968 foi nomeado bispo de Benepota e auxiliar de Santiago de Compostela. Foi bispo de Tui-Vigo dende o 8 de novembro de 1976 por designación de Paulo VI ata o 14 de xullo de 1996, data en que tomou posesión o novo bispo Diéguez Reboredo e adquiriu a dignidade de bispo emérito. Na Conferencia Episcopal Española foi vogal da Comisión Episcopal de Liturxia e da Comisión Episcopal para o Patrimonio Cultural. Foi autor de numerosas pastorais e sermóns publicados no boletín diocesano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Aldán, Cangas