Cerviño González, Florencio
Bispo de Ourense (1922-1940) e escritor, irmán de Antonio Cerviño González. Licenciouse en Dereito Canónico e doutorouse en Teoloxía. Foi catedrático de Teoloxía e Teoloxía Dogmática no seminario de Tui dende 1884, fiscal do tribunal eclesiástico de Tui e cóengo maxistral da catedral de Tui, ata que foi nomeado bispo de Ourense en marzo de 1921. A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República española. Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey, nunha polémica que mantivo con Indalecio Armesto en El Eco del Miño. Así mesmo, foi autor do panexírico polo tudense frei Rosendo Salvado e Rotea, bispo de Nova Nursia (Australia) en La Integridad de Tui. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la Santa Iglesia Catedral de Tui en el Adviento de 1898 (1898) e Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles de la diócesis de Ourense (1922).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Areas, Tui -
Deceso
Lugar : Ourense