Cerviño Núñez, Pedro Antonio
Cartógrafo, agrimensor e matemático. Cara ao ano 1781 emigrou a América e, posiblemente, en 1782 trasladouse a Bos Aires. En 1873 foi nomeado enxeñeiro da expedición de recoñecemento da mina de ferro de Potosí. Parece que tres anos despois realizou unha carta dos ríos Paraná e Uruguay. De volta a Bos Aires (1792), foi o encargado de deseñar un novo peirao, rúas e a ampliación da enseada de Barragán (1801). Foi, xunto con Alsina Gassa, impulsor e director da Escuela Náutica (1799), na que impartía clases de xeometría, trigonometría, hidrografía e debuxo ata a súa desaparición (1806). Foi partidario da difusión da ciencia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Realizou traballos de carácter cartográfico, como o plano para ampliar as fronteiras dos indios (1801) ou o plano do arroio Maldonado (1805), e en 1814 foi o encargado de elaborar o plano topográfico de Bos Aires. Tamén fixo diversos traballos sobre as linguas indíxenas. Colaborou no xornal Telégrafo mercantil, rural, político e económico e historiográfico del Río de la Plata (1801-1802) e no Semanario de Agricultura, Industria y Comercio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moimenta, Campo Lameiro -
Deceso
Lugar : Bos Aires