cesante

cesante

(< cesar)

  1. adx

    Que ou quen cesa.

  2. adx e s [DER]

    Funcionario que, sen incorrer en ningún incumprimento dentro das súas funcións, era separado do seu cargo por decisión gobernativa ou política. Durante a Guerra Civil e nos primeiros anos do franquismo varios milleiros de funcionarios, sobre todo no ensino, foron depurados e encarcerados por causas políticas. Trala reforma administrativa promovida coa chegada da democracia, esta situación converteuse en ilegal posto que a separación do cargo soamente se admite como sanción por causas determinadas legalmente.