cesalpiniáceo -a

cesalpiniáceo -a

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás cesalpiniáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Árbore ou arbusto da familia das cesalpiniáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de plantas leñosas integrada por uns 150 xéneros e 2.200 especies, pertencente á orde das fabais, de follas normalmente pinnadas e flores pentámeras. A familia é propia do trópico e do subtrópico de África e América, aínda que tamén está presente na rexión mediterránea. Ás cesalpiniáceas pertencen os xéneros Amherstia, Caesalpinia, Casia, Ceratonia, Cercis, Senna e Tamarindus.

Palabras veciñas

cerzo | cesación | Césaire, Aimé | cesalpiniáceo -a | Cesalpino, Andrea | cesamento | cesante