cesalpiniáceo -a
cesalpiniáceo -a
(
-
adx
Relativo ou pertencente ás cesalpiniáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Árbore ou arbusto da familia das cesalpiniáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas leñosas integrada por uns 150 xéneros e 2.200 especies, pertencente á orde das fabais, de follas normalmente pinnadas e flores pentámeras. A familia é propia do trópico e do subtrópico de África e América, aínda que tamén está presente na rexión mediterránea. Ás cesalpiniáceas pertencen os xéneros Amherstia, Caesalpinia, Casia, Ceratonia, Cercis, Senna e Tamarindus.