Cesarea de Filipo

Cesarea de Filipo

Antiga cidade de Palestina que corresponde coa actual vila de Bāniyās, situada preto da fronteira entre o Líbano e Israel. Fundada por Herodes o Grande co nome de Paneas, Filipo o Tetrarca, fillo de Herodes, mellorou e enriqueceu as construcións a comezos do s I e cambioulle o nome en honor de César Augusto. Durante as cruzadas, os ismaelís, aproveitando a súa estratéxica situación, construíron un castelo que dominaba o paso entre o deserto de Siria e as fértiles chairas do río Xordán.