Cesarea de Palestina
Cesarea de Palestina
Antiga cidade de Xudea, situada na costa, a 30 km ao S de Haifa. Construída por Herodes o Grande, serviu de lugar de residencia dos procuradores romanos e chegou a ser o porto máis importante do reino. Coa destrución de Xerusalén no 70 d C na guerra xudía, adquiriu maior importancia ao converterse en sede metropolitana de Palestina, no s II d C. Formou parte do mundo bizantino ata que foi conquistada polos árabes no ano 633 a C, para decaer baixo o seu poder. No 1265 foi conquistada e destruída polo sultán mameluco Baybars.