Cesuris, Santa María de
Cesuris, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Manzaneda, pertencente á ruta xacobea que atravesa estas terras. As súas orixes remóntanse o s XII, aínda que o edificio amosa diferentes estilos como resultado de diversas ampliacións. De planta rectangular, ten unha soa nave construída no s XVIII e unha cabeceira cunha ábsida e unha capela unida que datan do s XVI. Esta capela pódese relacionar cunha fundación que o abade García Núñez realizou no ano 1563. No interior destacan os retablos barrocos da Virxe María e da Virxe de Belén, e no exterior os restos románicos da portada principal.