cetónico -ca
cetónico -ca
(< cetona + -ico)
-
adx
-
Relativo ou pertencente ás cetonas.
-
Que ten o grupo funcional das cetonas.
-
-
corpos cetónicos
[BIOQ/FISIOL]
Produto da oxidación das graxas e dalgúns aminoácidos do organismo; son os ácidos acetoacético e β-hidroxibutírico e a acetona. Os corpos cetónicos fórmanse no fígado e oxídanse nos tecidos periféricos; sen embargo, cando aumenta o catabolismo das graxas acumúlanse en exceso e prodúcese unha cetose, que constitúe unha das causas da acidose metabólica.