cetónico -ca

cetónico -ca

(< cetona + -ico)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ás cetonas.

    2. Que ten o grupo funcional das cetonas.

  2. corpos cetónicos [BIOQ/FISIOL]

    Produto da oxidación das graxas e dalgúns aminoácidos do organismo; son os ácidos acetoacético e β-hidroxibutírico e a acetona. Os corpos cetónicos fórmanse no fígado e oxídanse nos tecidos periféricos; sen embargo, cando aumenta o catabolismo das graxas acumúlanse en exceso e prodúcese unha cetose, que constitúe unha das causas da acidose metabólica.

Palabras veciñas

cetonemia | cetonia | Cetonia | cetónico -ca | cetonuria | Cetorhinus | cetorrínido -da