cetonia

cetonia
s f [ANIMAL/ENTOM]

Coleóptero da familia dos escarabeidos, de escarabellos grosos, aplanados e de coloracións vistosas e metálicas, cos últimos artellos das antenas en forma de lámina. As ás saen de debaixo dos élitros, que permanecen pechados durante o voo. Aliméntase de follas e flores. As larvas, brancas e grosas, e de vida subterránea, aliméntanse de raíces e de materia vexetal, especialmente de madeira en descomposición. En Europa están presentes os xéneros Cetonia, Gnorimus, Liocola, Osmoderma, Potosia, Trichius e Valgus. Tamén recibe o nome de escarabello dourado.

Palabras veciñas

cetohexosa | cetona | cetonemia | cetonia | Cetonia | cetónico -ca | cetonuria