chabasita
chabasita
s
f
[MINERAL]
Aluminosilicato de sodio e calcio hidratado, de fórmula (Ca, Na2)Al2Si4O12·6H2O, que pertence ao grupo das ceolitas cúbicas. Cristaliza no sistema trigonal, formando romboedros de aspecto cúbico, ás veces un pouco aplanados. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,05-2,10.