chabolismo

chabolismo

(

s m [URBAN]

Fenómeno urbano consistente na construción espontánea de infravivendas (barracas ou chabolas) na periferia dunha cidade. Está presente tanto en países non desenvolvidos, nos que a precariedade económica non permite dispor da infraestrutura necesaria para acoller o inmenso éxodo rural dirixido cara ás grandes aglomeracións urbanas, coma nos países desenvolvidos, nos que os colectivos de poboación máis desfavorecidos non teñen a posibilidade de acceder á vivenda debido, fundamentalmente, a motivos económicos (especulación urbanística e elevados prezos do solo e da vivenda), burocráticos (irregularidades documentais dos inquilinos) ou sociais (marxinación étnica, desestruturación persoal e familiar, drogodependencia, desemprego), razóns que en moitas ocasións se producen de xeito simultáneo e interrelacionado. Algunhas das manifestacións máis características deste fenómeno son os bidonvilles dos países africanos, as palafitas fluviais na península de Indochina, as favelas no Brasil e os poboados xitanos das cidades españolas.

Palabras veciñas

chabasita | chablis | chabola | chabolismo | chabolista | Chabot, Georges | Chabrier, Emmanuel