Chacel, Rosa

Chacel, Rosa

Escritora. Realizou estudios de arte en Italia e recibiu a influencia das ideas da deshumanización da arte vixentes nos anos trinta. Colaborou na revista Hora de España ata finais de 1939, ano en que se trasladou a Bos Aires e despois a Nova York, para regresar posteriormente a España. Deuse a coñecer coa novela Estación ida y vuelta (1930) e co libro de sonetos A la orilla de un pozo (1936). Da súa produción destacan as obras Teresa (1941), Memorias de Leticia Valle (1945), Sobre el piélago (1952), La sinrazón (1960), Barrio de maravillas (1976), Novelas antes de tiempo (1981), Alcancía: Ida (1940-1966) y Vuelta (1967-1980) (1982), Acrópolis (1984) e Ciencias naturales (1988). No volume Icada, Nevada, Diada (1971) recompilou todos os seus relatos. A súa obra lírica recompilouna en Poesía (1931 -1991) (1992). Foi galardoada co Premio Nacional de las Letras (1987).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Valladolid

  • Deceso

    Lugar : Madrid