Chacín, Santa Baia de
Chacín, Santa Baia de
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Trátase dun templo barroco do s XVIII con tres naves separadas por arcos de medio punto e con cuberta de madeira. A capela maior, de planta rectangular, cóbrese con bóveda de canón. Aos pés do templo atópase un coro alto de madeira en mal estado de conservación. Na fachada destaca a presenza dunha torre campanario formada por dous corpos: o primeiro, de planta cadrada e aberto con catro arcos de medio punto e o segundo, cos mesmos ocos e coroado por unha cúpula semiesférica. No tímpano da porta principal destaca a imaxe de san Cristovo.