Chaco

Chaco

Provincia da Arxentina, na rexión Litoral (99.633 Km2; 890.548 h [1995]). A capital é Resistencia (228.199 h [1991]). Situada no Chaco Austral, entre os ríos Bermejo e Teuco, ao N, e o Paraná, ao L. O poboamento é recente. Ata mediados do s XIX non foi apenas explorada e estaba ocupada por diferentes tribos. Converteuse en provincia en 1951. A horizontalidade do territorio fai que os ríos discorran con lentitude, mesmo chegan a formar lamazais, pantanos e lagoas. O clima é cálido, cunha temperatura media anual de 20°C. A súa economía baséase na explotación forestal e na produción de algodón.

Palabras veciñas

chacineiro -ra | chacinería | chacma | Chaco | chaco -ca | Chaco, Guerra do | chacolí