Chaetomorpha
Chaetomorpha
[PROTISTA]
Xénero de algas verdes de talo filamentoso e non ramificado, de ata 6 cm de lonxitude e con 0,5 mm de diámetro. Forma grupos mestos fixados ao substrato mediante un pequeno disco. En Galicia está presente a especie C. aerea sobre pedras do litoral, mesturada con algas do xénero Enteromorpha.