Chafes, Rui

Chafes, Rui

Escultor. Licenciado pola Escola Superior de Belas Artes de Lisboa, completou a súa formación en Alemaña. Iniciouse no traballo en pedra, aínda que tamén experimentou con outros materiais como o plástico e a madeira, cunha proposta próxima ao conceptualismo. A súa relación con Alemaña aproximouno ao romanticismo. A busca dos valores absolutos foi unha das constantes da súa obra, que se inclina polo emprego do ferro como materia prima como reflicte A manhã VI (1992). Presente na feira ARCO desde 1989, a súa obra está representada nos principais museos de arte contemporánea de Portugal.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Lisboa