Chaffey, Donald

Chaffey, Donald

Realizador cinematográfico británico. Comezou a súa carreira como asistente de escenografía en 1938. A súa obra rompe coa corrente do cine humanitario de finais da Segunda Guerra Mundial. Dirixiu, entre outras películas, The Mysterious Porcher (O misterioso Porcher, 1950), Time is my Enemy (O tempo é o meu inimigo, 1954), The Man Upstairs (O home das escaleiras, 1957), Prince and the Pauper (O príncipe e o mendigo, 1962), One Million Years B. C. (Mil séculos antes de Cristo, 1966), Charley One Eye (Charley un ollo, 1972) e C. H. O. M. P. S. (1979).

Cronología

  • Nacemento