Chagas, João Pinheiro

Chagas, João Pinheiro

Xornalista e político. Utilizou as súas colaboracións xornalísticas para expresar a súa postura republicana, polo que foi encarcerado. Obrigado a exiliarse, fuxiu a París, de onde regresou en 1893 despois de ser amnistiado. Defensor do republicanismo, en 1910, trala implantación da República, foi nomeado ministro; un ano despois, foi declarado primeiro presidente do goberno constitucional, cargo no que foi substituído no mesmo ano por Augusto de Vasconcelos. Foi redactor dos xornais O Primeiro de Janeiro, O Tempo e O Dia, e fundador da República Portuguesa. Escribiu Diário de João Chagas (1929) e Correspondência literária e política com João Chagas (1937).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Rio de Janeiro

  • Deceso

    Lugar : Estoril