Chain, Ernst Boris
Chain, Ernst Boris
Bioquímico alemán. Emigrado a Inglaterra nos comezos do nazismo (1933), traballou con H. Florey en Oxford no estudo das substancias antibacterianas de orixe orgánica. Publicou Penicillin as a Chemostherapeutic Agent (A penicilina como un axente químico-terapéutico, 1940), que foi o punto de partida da utilización terapéutica da penicilina. Recibiu, xunto con A. Fleming e H. Florey, o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1945.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Berlín -
Deceso
Lugar : Irlanda