Chaín Fernández, Benito

Chaín Fernández, Benito

Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : San Martiño da Luz, Valonga

  • Deceso

    Lugar : Medina Sidonia, Cádiz