Chalon-sur-Saône

Chalon-sur-Saône

Cidade do departamento de Saône-et-Loire, na Borgoña, Francia, situada á beira do río Saône (54.575 h [1990]). A súa economía baséase principalmente na industria. Tamén é importante a produción de viño. O seu porto fluvial é o centro económico da cidade. Capital do reino de Borgoña no s VI, foi ocupada polos árabes no ano 732. A súa catedral construíuse entre os ss XII e XV.